Axudas ás ANPAS para xestionar os comedores escolares

16 Xun 2020

A Consellería de Educación convoca axudas económicas destinadas ás asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería que imparten os niveis de ensino básico obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, co código de procedemento ED601A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de xullo de 2020.
Máis información no DOG do 16 de xuño de 2020