A Oficina Municipal de Información á Xuventude do Concello de Boiro (a OMIX de Boiro) organiza actividades formativas orientadas á capacitación tecnolóxica da xente nova, unha cuestión básica para o seu futuro laboral. Con este obxectivo, a OMIX promoveu uns obradoiros de autoformación en novas tecnoloxías para a mocidade, que se van impartir na aula CeMIT de Boiro. Estes cursos vanse realizar de xeito telemático e o prazo de inscrición está aberto durante todo o ano.
Os obradoiros de autoformación van dende o manexo dos libros electrónicos, as cámaras dixitais ou as tabletas, ao aproveitamento das redes sociais, á creación do blogs, á realización de trámites por Internet, ás compras virtuais, á seguridade informática ou ao comercio electrónico.
Máis información na Omix de Boiro, teléfono: 981 842 635
http://omixboiro.blogspot.com/2020/06/obradoiros-formacion-onlines-para.html