XLVI Certame Literario do Concello de Vilalba

15 Xun 2020

O Concello de Vilalba convoca o XLVI Certame Literario, co afán de estimular a creación poética.
Poderán concorrer ao certame todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que presenten as súas obras en lingua galega.
Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en datas anteriores ao fallo do xurado.
O tema dos traballos será libre e a súa extensión mínima será de 500 versos.
Premio: 7000 €, flor natural e diploma.
As obras enviaranse por vía electrónica mediante a dirección http://www.certamedevilalba.org/inscricion , na que se indicará o lema que distinga o traballo e achegarase o arquivo en formato PDF, co contido da obra.
A continuación enviarán por correo ordinario, un sobre pechado no que figurará o lema que distinga o traballo, e no que no seu interior irá o nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, xunto cunha pequena biografía do autor/a.
Concello de Villaba
Certame Literario (indicar o lema que distingue o seu traballo)
Praza da Constitución 1
27800 Vilalba – Lugo

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de xullo de 2020.
Máis información en  http://www.certamedevilalba.org/content/xlvi-certame-de-vilalba e na OMIX de Vilalba, teléfono 982 512 456