Bolsas no Parlamento de Galicia

15 Xun 2020

O Parlamento de Galicia convoca bolsas para contribuír á formación práctica de persoas graduadas universitarias e relacionadas coa actividade da institución:

a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.
c) Dúas bolsas de formación en publicacións.
d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.
e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.

E unha bolsa de formación adicional nunha das modalidades anteriores, reservada para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % co fin de contribuír a súa integración laboral.

As solicitudes poderán presentarse ata o 15 de xullo de 2020
Máis información no DOG do 15 de xuño de 2020 e na páxina web do Parlamento de Galicia www.parlamentodegalicia.gal