A Consellería de Política Social vén de facer público o documento que recolle as recomendacións e medidas para o desenvolvemento das actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre adaptadas á situación derivada da crise sanitaria do Covid-19, para aplicación tras a fase III.
Trátase de ofrecer pautas para a adaptación das citadas actividades ao novo escenario, de favorecer o coñecemento e correcta aplicación das debidas medidas hixiénico-sanitarias e tamén co fin de establecer un protocolo de actuación que permita dar unha resposta ante un posible caso infeccioso por COVID-19.
O documento de recomendacións foi elaborado coa colaboración dun grupo de traballo con representantes do sector e supervisado polas autoridades sanitarias competentes.
Podes descargar o documento pinchando aquí:
- Documento de recomendacións . Galego | Castelán (Actualizado 16/11/2020)
- Anexo I Actividades
- Modelo de declaración responsable