Prazas no Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo

12 Xun 2020

O Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo abre o 22 de xuño o prazo de preinscrición para o curso 2020-2021

A Deputación ofrece 20 prazas para cada un dos ciclos, aínda que este número queda condicionado pola evolución da Covid-19, así como a organización das clases en quendas de mañá e tarde, co obxectivo de garantir a seguridade do alumnado e do persoal do centro formativo.

Neste centro pódense estudar os ciclos superiores de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos e Realización de Audiovisuais e espectáculos.

A matrícula será gratuíta por décimo terceiro curso consecutivo, agás para os repetidores.

Calendario e requisitos
O prazo de preinscrición estará aberto do 22 de xuño ao 3 de xullo. As persoas interesadas deberán presentar unha fotocopia do DNI, a certificación académica e cumprimentar o impreso que atoparán na web www.deputacionlugo.gal ou no propio centro. A documentación debe entregarse na sede do CFA, na rúa Frei Plácido Lemos s/n de Lugo.

O 7 de xullo publicarase, no taboleiro de anuncios do centro e na web da Deputación, a listaxe provisional de admitidos, de solicitantes que quedan en lista de espera e de excluídos. Do 8 ao 10 será o prazo para as reclamacións, e o día 14 publicarase a lista definitiva de admitidos, en espera e excluídos. A matrícula ordinaria poderá formalizarse do 15 ao 30 de xullo no centro educativo, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

http://audiovisuais.deputacionlugo.org/contenidos.asp?m=7&m1=7&id=138