Residencia T. L. Panxón (Nigrán)

panx2

Rúa Cansadoura, 2, 36340 Panxón, Nigrán, Pontevedra

Coordenadas GPS: 2°09'09.7"N 8°49'36.8"W

T. 886 12 06 94

Situada na localidade de Nigrán, con saída directamente á praia de Patos. Moi preto de lugares de interese de Galicia como as cidades de Baiona e de Vigo.

Habitacións de 2, 3 e 4 prazas. Conta con amplas zonas verdes exteriores, así como diversos salóns e salas para a realización de multitude de obradoiros e talleres coa xuventude.

Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados totalmente. Sinalización con pictogramas. Baños e habitación adaptadas na planta 0 da instalación. As habitacións teñen camas de usos individual de 90cm. Ten ascensor.

  • ZEROWASTE

ZEROWASTE achegará a educación ambiental, a protección dos mares e a realización deportes náuticos ecolóxicos á mocidade. Programa educativo ambiental, artístico e deportivo con tres liñas temáticas principais:

Operación arroaz!:educación ambiental e intervencións artísticas: campionato de Plogging + Eco-Youtubers.

Lura-sport:deportes na natureza: caiac, paddle surf, etc

Noites neptunas:animación teatral.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Zerowaste

02-09/07

07-08-09-10

148 €

360026

02-07/09

07-08-09-10

111 €

360027

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

panx1