Granxa Escola - Albergue Tomiño (Tomiño)

Barrio Vilar, 45. Tomiño. CP 36740 (Pontevedra)

En coche: Barrio Vilar, 45. Tomiño 36740 [262Q+48 Tomiño (GoogleMaps)]

En autobús: Alsa Vigo-A Guarda

Aeroporto próximo: Aeroporto de Vigo (Peinador) (36 km) [69JF+F3 Vigo (GoogleMaps)]. Enlaces con autobús ou taxi.

Estación tren: Estación de Tui(14 km). Enlaces con autobús ou taxi.

T. 986 62 33 98

Corazón de Carballo é instalación xuvenil rexistrada como granxa escola na Comunidade Autónoma de Galicia. Conta con dous amplos comedores, cociña, área de aseos e duchas, baño adaptado, ampla sala de usos múltiples, aula de natureza, varias áreas cubertas para a realización de actividades e obradoiros, cancha deportiva, piscina, áreas axardinadas, áreas temáticas: zona de cuadras, galiñeiros, horta, zona de plantas mediciñais e ‘hospital de plantas’, composteiros, área de prehistoria con areeiro, zona de recuperación da vacaloura, área micorrizada, área temática de queixería, miradoiro de orientación, etc.

Ademais encádrase nun paraxe de montaña, arroupándonos a Serra do Argallo e a Serra da Groba. Nas nosas inmediacións temos regatos con fervenzas, áreas de viñedos e bodegas, zonas de grande importancia patrimonial.

Toda a instalación está adaptada, con percorridos de ramplas por toda a instalación, facilitando o acceso a persoas con diversidade funcional. Temos unha habitación adaptada, un baño adaptado, salón adaptado, aula de usos múltiples adaptada. Tamén son accesibles areas de animais. A piscina non está adaptada.

 

tomi

  • AVENTURA NA GRANXA

ACTIVIDADES

Agrícolas: actividades relacionadas co pastoreo tradicional, as aves e a horta ecolóxica; ambientais: compost e vermecompost, as abellas, a queixería e os muíños, creación de miniecosistemas, técnicas naturais e artificiais de orientación e supervivencia no medio natural e de observación do medio, reforestación con especies autóctonas; xogos: Atalaia Celta (nocturno), Scape Grange (aventuras), Galicia Salvaxe (rol), outras actividades: musicArte, agrocrossfit, roteiros e actividade acuática.

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso das actividades acuáticas, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Aventura na Granxa

20-27/08

07-08-09-10

148 €

360025

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.