Granxa Escola El Kiriko (Fornelos de Montes)

kiri1

El Kiriko, Centro de Ocio en la Naturaleza.

Soutosico nº 20, 36847 Fornelos de Montes ( Pontevedra)

Coordenadas localización GPS: 42º 20´ 30.90´´ N - 8º 28´ 11.76´´ O

T. 986 76 86 00 – 687 578 019

EL KIRIKO é un centro de educación ambiental, ocio e tempo libre situado no municipio de Fornelos de Montes (Pontevedra). Ten unha extensión de 11 hectáreas e ofrece ás persoas mozas gozar dun fantástico contorno natural.

O centro Kiriko conta cun edificio principal e outras instalacións secundarias. Conta con comedor, cociña industrial, biblioteca, salas de obradoiros e audiovisuais, aula de natureza enfermería, etc...

No exterior dispón dunha nave gandeira, aviario, invernadoiro, piscina, horta biolóxica, zona deportiva, parque infantil, estanque e zonas de bosque autóctono.

Edificio principal con ramplas de acceso, ascensor, portas e aseos accesibles a persoas en cadeira de rodas. Mobiliario disposto para favorecer seguridade e independencia para persoas con mobilidade reducida.

  • KIRICO AVENTURA

ACTIVIDADES

Granxa: coidados, alimentación dos animais, hábitos e costumes;aventura: rocódromo e tirolina, piragüismo, paddle surf e ruta de sendeirismo; deportivas: fútbol, volei, tiro con arco, slackline e piscina; outras actividades: dinámicas de colaboración e habilidades entre equipos, veladas de animación con xogos en equipo, xincana acuática na piscina, obradoiros de cociña divertida e manualidades, veladas exogos nocturnos de habilidades e talentos.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Kirico aventura

30/07-06/08

09-10-11-12

148 €

360029

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

kiri2

El Kiriko, Centro de Ocio en la Naturaleza.