Albergue Municipal Vicente Agulló (Lalín)

lalin

Finca de Mouriscade, 36515 Vilanova, Lalín, Pontevedra.

A 6,5 km de Lalín. Na estación de trens de Lalín, en Botos (PO-534), seguir as indicacións “Finca de Mouriscade”; unha vez alí, pasada a ponte do tren, xirar á dereita ata o final da pista. (En Google Maps, escribir “Área de recreo Mouriscade”).

T. 606 50 96 11 / 687 47 32 21

O albergue municipal “Vicente Agulló” atópase nun espazo natural con área recreativa á beira do río Asneiro. Conta con cuartos e baños múltiples, primeiros auxilios, cociña, comedor e espazo de usos múltiples na planta alta.

Ten baño adaptado e elevador para cadeira de rodas para acceder á planta alta. Os espazos exteriores ao albergue non están adaptados.

  • AVENTURA+

ACTIVIDADES

Deportivas: escape street; iniciación á hípica; olimpíadas castrexas, caiac no encoro de Portodemouros, ruta pola Serra do Candán, ruta interpretativa pola área recreativa de Mouriscade, escape room, xincana de auga, piscina fluvial; artísticas: talent show, espazo “chill-out”, elaboración de máscaras e debuxos tribais, land art (elaboración dunha creación artística colectiva a partir de elementos da natureza), micrometraxes (creación de curtametraxes orixinais co uso dos smartphones, que logo se difundirán na rede), cinefórum; outras: xogos de mesa do mundo, grandes xogos de interior, ioga infantil e veladas.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Aventura+

16-25/07

11-12-13-14

185 €

360018

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.