Avda. do Parque s/n, 32500 O Carballiño
Coordenadas GPS: 42°25'29.4"N 8°05'21.4"W
Está situada na vila do Carballiño a 29 km de Ourense. Nun entorno de natureza fronte ao Parque do Carballiño que atravesa o rio Arenteiro. Chégase dende a AG-53 (Ourense - Santiago) ou dende a N-541 (Ourense-Pontevedra).
T. 988 788 111 (recepción).
A Residencia dispón de recinto propio, con ampla zoa axardinada e aparcamento. Pódese chegar en coche ata a mesma porta principal. Accedese ao interior do edificio por escaleiras e ramplas adaptadas. Conta con 78 habitacións distribuídas entre a planta baixa, primeiro e segundo andar. Hai ascensor. Cada habitación dispón de baño propio. Na planta baixa hai cuartos de baño adaptados. Acceso dende o hall de entrada á cafetería e salas de uso común.
Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados totalmente. Sinalización con pictogramas. Baños e habitación adaptadas na planta 0 da instalación. As habitacións teñen camas de usos individual de 90cm. Ten ascensor.
-
STR2REAMERS POLO CAMBIO
ACTIVIDADES
Influencer Mood:obradoiro de iniciación á arte transmedia, videocreacións, creacións de miniseries, minidocumentais, “E se fose influencer?”, obradoiros de stencil art, expresión corporal e performance; Predeporte e natureza: deportes adaptados á natureza, xincanas acuáticas con probas predeportivas, rutas ambientais e xincanas deportivas; noitesde animación teatral.
NOTA:Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de xincana acuática ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Str2reamers polo cambio |
01-08/07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320014 |
11-18/07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320015 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.