Albergue Municipal Vilariño de Conso (Vilariño de Conso)

albergue vilarino de conso

A Favorita s/N 32557 Vilariño de Conso

Autovía das Rías baixas/ A52 dirección Verín a Gudiña.

Saída 129 estrada nacional 525 dirección A Gudiña. Na rotonda tomar a segunda saída na estrada Gudiña a Viana do Bolo OU-0908

T. 681148530

O albergue está situado a beira do río Conso cerca do parque natural do Invernadoiro; ten 50 prazas en habitacións de catro e seis prazas con liteiras e baños individuais cada unha. Ademais dispón de salas para obradoiros, servizo de lavandería, zona para xogos o aire libre, cancha de tenis, campo de fútbol e polideportivo e unha praia fluvial acotada con zona de baño rutas de sendeirismo, así como zona de río para realizar actividades deportivas de auga.

Unha habitación de dúas prazas para persoas con mobilidade reducida e baño adaptado.

  • DESTINO VILARIÑO

ACTIVIDADES

Natureza: sendeirismo, orientación e descubrimento da flora e fauna local; deportivas:caiac, xogos tradicionais galegos, tenis, natación, voleibol, baile, xincanas e praia fluvial; animación: musical, teatro, noite de estrelas e veladas; obradoiros: modelaxe en arxila, reciclaxe, elaboración de pan, queixo e xabón; culturais: actividades relacionadas co entroido e a vida rural, visita a enclaves históricos da zona, visita ao museo etnográfico e visita ao observatorio astronómico de Trevinca da Veiga.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Destino Vilariño

04-13/07

11-12-13-14

185 €

320012

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.