Centro Superior de Hostalaría de Galicia (Santiago de Compostela)

hosta1

CSHG (Centro Superior de Hostalería de Galicia), Estrada Santiago-Noia.
A Barcia, Km 3 A, 15897 Santiago de Compostela (A Coruña) Estrada Santiago Noia Km 3, Finca Turismo de Galicia.

O CSHG dispón de 54.000 metros cadrados, zonas verdes con grandes árbores e cinco edificios onde se desenvolve toda a actividade. O aloxamento é en habitacións dobres con ducha, existen tres salas onde poden descansar os residentes, ademais dunha pista de tenis.

Todo o recinto esta adaptado a persoas con mobilidade reducida, existe tamén una habitación adaptada

T. 981 542 519

• O SABOR DO VERÁN

ACTIVIDADES
Campamento temático centrado arredor da cociña e do medio natural. Actividades de cociña: iniciación á cociña, técnicas de cociña, cociña creativa, cociña do mundo, repostería; actividades medioambientais: xogos ecolóxicos, limpeza da natureza, ruta sendeirismo, obradoiro de reciclaxe, coñecemento da flora da contorna e aprendizaxe de recursos naturais e  xogo cooperativo de concienciación ambiental.

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

O sabor do verán

11-18/08

10-11-12-13

148 €

150033

20-27/08

10-11-12-13

148 €

150034

 
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

hosta 2