Aldea do Couto (Ponteceso)

ponteceso

Fundación Eduardo Pondal, O Couto, 62, 15110 Ponteceso, A Coruña

Aldea do Couto, Concello de Ponteceso.
Coordenadas: 43.249773, -8.910435

O Campamento desenvolverase na contorna rural da aldea do Couto, no Concello de Ponteceso. A instalación conta cos seguintes edificios:

    • CASA DOS VECIÑOS

    • CASA QUINTEIRO

    • SEDE DA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL

T. 618 521 671


    • UN PAÍS PARA PINTORES E POETAS

ACTIVIDADES
Campamento de temática artística: creación audiovisual, literaria e poética;  teatro, música e cerámica; excursións: casa do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor, Castelo de Vimianzo, Fervenza do Ézaro, praia de Carnota, museo etnolóxico de Galicia e dolmen de Dombate; outras actividades: xogos grupais, cooperativos, busca do tesouro, de presentación e cohesión de grupo; xogos de deportes de praia.  

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de praia ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.


    • ISIDRO PARGA PONDAL, CIENCIA E CULTURA

ACTIVIDADES
Xeoloxía e bioloxía: exploración xeolóxica, procura do ouro, xeoloxía e biotecnoloxía,  enerxía e robótica,  arqueoloxía no dolmen de Dombate e observación astronómica; excursións: Laxe, museo do mar, Dolmen de Dombate, Castro de Bormeiro (teatralizada), museo etnolúdico de Galicia e Esteiro do Anllóns; outras actividades: xogos e deportes de praia, xincana no Couto, xogos de presentación e cohesión de grupo, xogos cooperativos, Olimpíadas e festival da ciencia.


NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de praia ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Un país para pintores e poetas

02-09/08

10-11-12-13-14

148 €

150031

Isidro Parga Pondal, ciencia e cultura

16-23/08

10-11-12-13-14

148 €

150032

 

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.