Fernando Iglesias Mouta, "Kohell" 1º premio Curuxa 2018 Fernando Iglesias Mouta, "Kohell" 1º premio Curuxa 2018

XXIV Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2020”

09 Xun 2020

O Concello de Fene convoca o XXIV Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2020”

Categorías:.
Categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
Categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de até 25 anos residente no Estado español. As persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral, CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA-NOVA.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.

Temática:
As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades de viñeta, tira ou cómic (máximo
1 páxina).

Características do debuxo:
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente.
A dimensión máxima do debuxo será de 29,7x42 cm (A3).
Non se admitirán fotocopias nin gravados.

Lingua:
Os traballos deberán estar redactados en galego ou en calquera das linguas oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar a tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo.

Prazo:
O prazo para presentar debuxos estará aberto ata o día 10 de xullo de 2020.

Premios:
Categoría Curuxa (maiores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 2.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 1.500 € e diploma
Categoría Curuxa-nova (menores de 25 anos)
1º Premio, dotado con 1.000 € e diploma
2º Premio, dotado con 500 € e diploma

Máis información no BOP da Coruña do 9 de xuño de 2020 e en www.fenecidadan.net