Prazas nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

09 Xun 2020

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21

Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2020/21 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.

As prazas poden ser gratutitas ou bonificadas:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación (Boletín Oficial del Estado núm. 167, do 13 de xullo).

Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 565,87 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 867,74 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.392,95 €.
d) Máis do 30 %: 2.066,75 €.

Prazos:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato ata o 10 de xullo de 2020 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos ata o 3 de agosto de 2020 (este incluído).

As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A
Máis información no DOG do 9 de xuño de 2020 e nos CRD:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/ 

O limiar 2 de renda familiar:

   Familias dun membro: 13.236
   Familias de dous membros: 22.594
   Familias de tres membros: 30.668
   Familias de catro membros: 36.421
   Familias de cinco membros: 40.708
   Familias de seis membros: 43.945
   Familias de sete membros: 47.146
   Familias de oito membros: 50.333