XX Premio de poesía Miguel González Garcés

05 Xun 2020

A Deputación da Coruña convoca o XX Premio de poesía Miguel González Garcés.

Poderán optar ao premio todas as persoas de calquera nacionalidade, que non fosen premiadas nos catro anos anteriores a este, e que presenten obras de poesía inéditas, non premiadas con anterioridade e escritas en lingua galega.
O premio é único e indivisible, e está dotado coa cantidade de 6.500 €
As obras serán de tema libre e terán unha extensión non menor de trescentos versos.

O prazo de admisión de solicitudes remata o día 10 de xullo de 2020.
Máis información no BOP de A Coruña do 5 de xuño de 2020 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/garces