XII Concurso musical Fran Pérez “Narf”

05 Xun 2020

A Deputación da Coruña convoca o XII Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais.
Poderá participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...)

Premios:
1º clasificado: 3.000 €
2º clasificado: 2.000 €
3º clasificado: 1.500 €
4º e 5º clasificado: 1.000 €

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 10 de xullo de 2020.

Máis información no BOP da Coruña do 5 de xuño de 2020 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/rock