XIV Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”

05 Xun 2020

A Deputación da Coruña convoca o XIV Premio de literatura infantil e xuvenil “Raíña Lupa”

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores a este e que presenten narracións en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.

Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.

As obras serán de tema e extensión libres, observando as características propias da narrativa dirixida ao público infantil ou xuvenil, e poderán incluír elementos ilustrativos, gráficos, etc.
A presentación será feita, preferentemente, en formato dixital, por medio dun USB/CD que incluirá na portada a seguinte inscrición: XIVPremio “Raíña Lupa”, de Literatura Infantil e Xuvenil, título da obra e lema ou pseudónimo; o tratamento de texto será Word, OpenOffice ou PDF.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata 10 de xullo de 2020.

Máis información no BOP da Coruña do 5 de xuño de 2020 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/lupa