X Certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas

05 Xun 2020

A Deputación da Coruña convoca o X Certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas

Poderán participar artesáns, que traballen no campo da artesanía galega tradicional ou contemporánea, tanto a título particular como en agrupacións de varios autores, colectivos, asociacións, etcétera, e que non fosen premiados nas tres edicións anteriores a ésta.
Cada artesán ou colectivo poderá concorrer ao certame cun máximo de seis pezas, podendo ser considerados como unha peza os conxuntos que, estando formados por varias, constitúan unha única unidade.

Concederanse dous premios, por un importe cada un deles de 6.500,00 €, distribuídos nas seguintes modalidades:
Artesanía tradicional 1 premio
Artesanía contemporánea. 1 premio

O prazo de admisión de solicitudes remata o día 10 de xullo de 2020.
Máis información no BOP de A Coruña do 5 de xuño de 2020 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/fraguas