XXXIX Premio Blanco-Amor de novela longa

05 Xun 2020

A Deputación de Ourense convoca o o XXXIX Premio Blanco-Amor de novela longa

Poderán participar nel todos/as os/as autores e autoras que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial.

O prazo de admisión dos orixinais estará aberto ata o luns 14 de setembro de 2020, 123 aniversario do nacemento, en Ourense, de Eduardo Blanco-Amor.
O premio estará dotado con 15.000 € e unha obra escultórica.

Máis información no BOP de Ourense do 5 de xuño de 2020