Autoemprego para persoas galegas retornadas

04 Xun 2020

A Secretaría Xeral da Emigración convoca subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades mercantís, de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Persoas beneficiarias
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Contía:
- Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros.

O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.

O prazo para presentar asolicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2020 e poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento PR937A.

Máis información no DOG do 4 d xuño de 2020 e en https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna