Necesitas un espazo con WIFI para facer os teus exames?

02 Xun 2020

O alumnado que o precise terá á súa disposición en toda Galicia un conxunto de aulas nas que co seu equipo portátil poderá conectarse con seguridade á Rede e realizar as súas probas de avaliación. Para facer uso delas so é preciso solicitalo con antelación.

En virtude a un acordo entre as universidades de Santiago e da Coruña, o alumnado de cada unha delas poderá utilizar instalacións destas dúas institucións en función das súas necesidades. No caso das Aulas da USC, estarán dispoñibles na Sala Norvet da Facultade de Veterinaria de Lugo e na Sala de Lectura da Facultade de Dereito de Santiago. Na UDC, o alumnado poderá achegarse a calquera dos puntos de acceso nos campus de Riazor, Elviña ou Esteiro.

Tamén hai unha oferta de postos realizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), quen xunto coa FEGAMP e as propias universidades galegas poñen a disposición dos estudantado universitario as aulas CeMIT de diversos concellos para a realización das probas de avaliación.

Formulario de solicitude da USC

Formulario de solicitude da UDC

Formulario de solicitude de aulas CeMIT