Seguen abertas as axudas para a contratación de mocidade

31 Mai 2020

Emprega Xuventude 2020: axudas á inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

- Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal, cunha duración mínima inicial de doce meses, das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
- Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo

As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código TR349T
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 30 de setembro de 2020.
Máis información no DOG do 7 de xaneiro de 2020 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria

No DOG do 9 de xuño publícase unha modificación que afecta á parte da formación da persoa traballadora