O Parlamento Europeo ofrece diferentes períodos de prácticas dentro da súa Secretaría para contribuír á formación profesional dos cidadáns novos e á comprensión do funcionamento da institución. Estas prácticas outórganse por un período de cinco meses.
Requisitos:
- ser maior de 18 anos
- ter un diploma de nivel universitario
- ter un coñecemento profundo dunha das linguas oficiais da UE e un moi bo coñecemento doutra lingua oficial da UE
As prácticas en Bruxelas e Luxemburgo reciben unha asignación de 1313,37 € / mes
Datas de prácticas e prazos de solicitude
Para as prácticas do 1 de outubro ao 28 de febreiro - Período de solicitude: 1 de xuño - 30 de xuño.
Para o período de prácticas do 1 de marzo ao 31 de xullo - Período de solicitude: 1 de novembro - 30 de novembro.
Máis información en https://ep-stages.gestmax.eu/website/homepage e no correo Traineeships@europarl.europa.eu