Operación financiada pola Unión Europea PO de Emprego Xuvenil e Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Obxectivo: Obter formación e un emprego de calidade
O FSE inviste no teu futuro
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
Contía:
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.
Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
Obrigas das persoas beneficiarias:
- Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.
A xustificación da axuda para a obtención dos permisos presentarase con data límite do 21 de decembro de 2020. (Ampliación de prazo publicada no DOG do 13 de outubro de 2020)
As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2020
Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020
Consulta o folleto informativo
Onde te podes inscribir en Garantía Xuvenil?:
Centro Coordinador de información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela
Espazos Xoves
Cámaras de Comercio
Oficinas Municipais de información Xuvenil
Temporalmente, podes inscribirte online: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18612-garantia-xuvenil
MODELO SOLICITUDE DE ANTICIPO PDF