Historias de Europa na miña rexión

28 Mai 2020

Lanzado pola Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea, o concurso convida a calquera persoa, a partir de 18 anos, a escribir historias sobre un proxecto ou programa financiado pola UE no seu país.
As historias poden tomar calquera forma: foto, vídeo, publicación de blogue, audio, publicacións na plataforma de redes sociais, lenzo, fíos de Twitter, etc. As historias deben ser permanentes e públicas.

Como participar
Enviando un correo electrónico cunha ligazón á historia publicada a info@euinmyregion.eu asunto "EUinMyRegion Storytelling".

As persoas participantes poden enviar tantas historias como desexen. A Comisión Europea traducirá as historias ao inglés (se é necesario), enviará aos participantes a tradución para promovelas a través das canles sociais (Facebook , Twitter) utilizando o hashtag #EUinmyRegion .

Selección de gañadores. O xurado buscará:
Insight : a historia dinos algo que non sabiamos máis aló dos feitos básicos do proxecto que se financia?
Historias sobre persoas: a historia describe o proxecto ou conta a historia das persoas involucradas nel?

Premios
As tres persoas gañadoras serán convidados a Bruxelas, Bélxica, para unirse a un programa dedicado de comunicación do 12 ao 13 de outubro de 2020.

Data límite: 31 de agosto de 2020

https://ec.europa.eu/regional_policy/en/policy/communication/euinmyregion/stories/