Premios SELIC de creación literaria 2020

25 Mai 2020

O Concello de Santiago de Compostela convoca o premio SELIC de creación literaria 2020 para obras escritas en galego nos xéneros de narrativa,
poesía, teatro e ensaio.

O premio terá unha dotación de 6.000 euros e os dous accésits serán de 1.500 euros cada un

Os textos deberán ser inéditos e terán a cidade de Santiago de Compostela como marco da acción ou referencia fundamental da obra. Os premios conlevan a publicación na colección SELIC que edita o Concello de Santiago, renunciando os autores/ as a percibir dereitos de autoría por esta publicación.

As obras que opten aos premios deberán ter as seguintes extensións: narrativa e ensaio un mínimo de 150.000 caracteres (incluídos espazos), poesía un mínimo de 250 versos e teatro un mínimo de 50.000 caracteres (incluídos espazos).
O prazo de recepción de orixinais estará aberto ata o 30 de setembro de 2020.

Máis información no BOP da Coruña do 25 de maio de 2020 e en http://selic.gal/