A Universidade da Coruña destina un total de 79.000 euros en dúas convocatorias de axudas extraordinarias ao seu alumnado polas dificultades derivadas da pandemia da COVID-19.
Por un lado, entregaranse 242 axudas para o pago de matrícula a aquel alumnado cunha situación de dificultade económica sobrevida pola crise sanitaria. Estas subvencións oscilan entre os 160 e os 300 euros.
Por outra banda, concédense 82 axudas para colaborar no pago do acceso aos servizos de Internet. Estas axudas varían desde os seis ao corenta euros por estudante.
Resolución: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2020/004895