Renovación de electrodomésticos e incorporación de domótica enerxética nas vivendas

25 Mai 2020

O Instituto Enerxético de Galicia convoca subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, relativas ao Plan galego de eficiencia enerxética nas familias

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de xullo de 2020 ás 9.00 horas para o Plan Renove de electrodomésticos e o día 2 de xullo de 2020 ás 9.00 horas para Domótica enerxética e rematará o 30 de setembro de 2020
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IN414C
Máis información no DOG do 25 de maio de 2020 e en www.inega.gal