Axudas para alugueiros de vivenda

22 Xul 2020

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, convoca un Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual.

Requisitos:
a) Ter a nacionalidade española ou residir legalmente en España, no caso das persoas estranxeiras.
b) Ser titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano.
c) Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de familiar. Para estes efectos, tanto a persoa beneficiaria como as demais persoas integrantes da súa unidade familiar deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude.
d) Estar en situación de vulnerabilidade económica.

A contía desta axuda será de ata 500 euros mensuais, sen que en ningún caso poida exceder o importe da renda do contrato.

A axuda concederase polo prazo en que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia do COVID-19, durante un período máximo de 6 meses, e poderá ter efectos retroactivos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario VI432E dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2020

Máis inforamción no DOG do 22 de maio de 2020 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada