Oficinas para autónomos/as e pequenas empresas da provincia de Ourense

20 Mai 2020

A Deputación Provincial de Ourense, convoca subvencións en especie a traballadores autónomos e pequenas empresas que exerzan actividades empresariais na provincia de Ourense.
A subvención consistirá na posta a disposición dos beneficiarios, de xeito gratuíto, dun espazo consistente nun posto de oficina, dotado de acceso a internet e mobiliario básico, situado no inmoble de titularidade provincial denominado Centro Cultural Marcos Valcárcel, localizado na rúa Progreso, nº 30 (Ourense).
A duración da cesión rematará na data 31.08.2020 e o horario establecido para o uso dos espazos cedidos será de 08.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00, de luns a venres, agás festivos.

Máis información no BOP de Ourense do 20 de maio de 2020