Primeiro premio Scórpio

19 Mai 2020

A AGAL convoca o primeiro premio Scórpio pensado para calquera alumna ou alumno do ensino medio.

O relato debe seguir as características formais do texto orixinal (por exemplo, narrador testemuña en primeira persoa).
Calquera personaxe, Scórpio incluído, pode ser @ narrador/a do capítulo.
A escolla ortográfica é libre: pode ser escrito en galego oficial ou en galego internacional/portugués. Os erros ortográficos non serán tidos en conta no caso dos textos escritos en galego internacional.
A extensión dos textos é libre, sen límite mínimo ou máximo estipulado.
Acéptanse textos escritos a man e a ordenador.
A data límite de entrega será o 30 de outubro de 2020.
O alumnado deberá fornecer os seguintes datos: nome completo, nome e enderezo do centro, idade, curso e información de contacto (correo electrónico ou teléfono móbil).
O texto pode ser enviado fisicamente ao enderezo Casa da Língua Comum – Rúa de Emilio e Manuel 3, 15702 (Santiago de Compostela) ou electronicamente ao correo secretaria@a.gal co asunto “Concurso RCC”.
A persoa gañadora terá unha subscrición de dous anos ao Clube da Através Editora, polo que recibirá gratuitamente os libros na súa casa durante o período indicado.

https://carvalho2020.gal/eventos/concurso-literario-scorpio/?lang=gl