Desprazamento para recollida dos aloxamentos de estudantes

19 Mai 2020

No DOG do 19 de maio de 2020 publícanse as instruccións para que o alumnado universitario poda desprazarse aos seus aloxamentos para recoller e desaloxar:

Por proposta dos tres reitores das universidades galegas, o Cecop adopta o seguinte acordo:

"Interpretar como situación de necesidade aquela en que se encontra o estudantado matriculado nalgunha das tres universidades do SUG para os efectos do desprazamento necesario para recollida e desaloxo, se é o caso, por unha soa vez, dos aloxamentos contratados para o curso 2019/20, ou a recollida de materiais nas residencias universitarias.

Cada universidade habilitará, para estes efectos, o procedemento correspondente para facilitar a indicada mobilidade, emitindo certificación persoal e intransferible para a realización dunha soa viaxe, indicando a data e o enderezo do aloxamento de destino"

DOG do 19 de maio de 2020