Para que todas as vosas consultas virtuais dirixidas á Sección de Información ao Estudante (SIE) sexan máis doadas, a Universidade de Vigo pon en marcha unhas sesións semanais #ConectaCoSIE nas que o futuro alumnado poderá conectarse co persoal do SIE a través do vídeochat para solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula.
As sesións de vídeochat realizaranse a través da plataforma Campus Remoto todos os xoves de 11.00 a 13.00 h.
Para acceder só tes que premer nesta ligazón: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/996569058 e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57