Actividades formativas na industria forestal

15 Mai 2020

Axencia Galega da Industria Forestal convoca axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia.
Entidades beneficiarias
a) Asociacións, organizacións e entidades sen ánimo de lucro representativas ou relacionadas co sector forestal.
b) Agrupacións empresariais innovadoras (AEI).
c) Colexios profesionais cando os proxectos subvencionables se correspondan co seu obxecto e fins sociais.

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de xuño de 2020
Máis información no DOG do 15 de maio de 2020