IX Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

14 Mai 2020

O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, convoca o IX Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores.

Poderá concorrer ao premio calquera persoafísica que presente a súa obra en lingua galega, conforme ás normas ortográficas vixentes e sancionadas pola RAG.

Os poemas serán orixinais e inéditos tanto en soporte impreso coma dixital e non poderán ter sido premiados noutros concursos en data anterior á deliberación do Xurado.

As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos e serán de tema libre.

Deberán presentarse catro copias en tamaño DIN A4 impresas a dobre espazo.

Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor ou autora,sendo presentados cun lema e título.

En sobre á parte e cerrado constará o lema e o título no exterior e, no interior, o nome e apelidos do autor ou autora, domicilio, teléfono e fotocopia do DNI polas dúas caras ou, de ser menor, fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que sepresenta a concurso.

O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o día 15 de setembro de 2020.

As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo:

IX Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro
Concello de Mondoñedo
Praza do Concello, 1
27740 Mondoñedo (Lugo)

Premios:
1º premio: 1.500 €, Placa e Diploma.
2º premio: 600 €, Placa e Diploma.
3º premio: 300 €, Placa e Diploma.

Bases