Mulleres con historia. Concurso de ilustración

14 Mai 2020

A Fundación Xeral da Universidade de Alcalá convoca o concurso de ilustración e debuxo Mulleres con historia.

Neste concurso de debuxo poderá participar calquera persoa segundo a súa franxa de idade:
- Categoría 1: entre 5 e 11 anos
- Categoría 2: entre 12 e 17 anos
- Categoría 3: de 18 anos en diante

Tan só hai que realizar un debuxo ou ilustración con calquera estilo ou técnica, mesmo dixital, dalgún personaxe feminino relevante e mandalo por correo electrónico á dirección: exposiciones@uah.es incluíndo o nome do participante (ou o do representante se fose menor de idade), a súa cidade e a súa idade.

Os seleccionados polo xurado (tres por cada categoría) e un electo por votos en redes sociais recibirán unha camiseta da UAH e a súa obra formará parte dunha exposición en marzo de 2021. Ademais, elixirase un gañador, que será a imaxe dos materiais gráficos deseñados para a difusión da mostra e recibirá unha obra de Javier Granados, impresa en lenzo, de serie numerada e asinada a man con certificado de autor.

Prazo: 14 de xuño de 2020

http://portalcomunicacion.uah.es/diario-digital/actualidad/concurso-de-dibujo-mujeres-con-historia.html