Tíralle da lingua

12 Mai 2020

Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, de lingua de uso do noso sistema educativo. E sobre todo, asegurar a competencia na fala entre o noso alumnado!

- As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.
- As historias contaranse en galego.
- Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...), dicción, dramatización ou espontaneidade.
- Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.
- O concurso vai destinado a tres niveis académicos.
Primaria.
1º Ciclo de ESO.
4º ESO e ensino postobrigatorio.

O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:
- A nivel centro de ensino.
- A nivel nacional.
Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes.
O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se comunicará aos centros.

A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 20 de novembro de 2020 enviando un e-mail a: informacion@as-pg.gal Recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.

A fase final celebrarase a finais de novembro en Santiago, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundaria e ensino postobrigatorio.

Na fase final concederase un primeiro premio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima, por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.

https://www.as-pg.gal/novedades/xix-concurso-de-relato-oral-tiralle-da-lingua