Premio Literario Jordi Sierra i Fabra 2021

12 Mai 2020

A Fundación Jordi Sierra i Fabra, en colaboración co Grupo SM, convoca a décimo sexta edición do Premio Literario Jordi Sierra i Fabra 2021 Para Mozos/as, co obxecto de estimular nos estudantes españois e latinoamericanos o pracer pola creación literaria e o amor pola palabra escrita, a través de obras que reflictan valores universais de paz, amor, concordia e respecto, cos que contribuír a crear un mundo mellor, cheo de esperanza, no que os libros teñan un papel esencial e crezan de forma constante novas xeracións de autores.

Establécese un único premio de 2.000 €. A concesión do premio leva incluída a edición, por parte de Edicións SM, da obra premiada e a súa comercialización en España e nos países latinoamericanos nos que estea implantada a editorial.

Prazo: 5 de setembro de 2020

http://sierraifabra.com/?page_id=596&lang=es