17 de maio. Día das letras galegas

12 Mai 2020

Galicia intensifica os seus recursos online para renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o 17 de maio, que xa é o homenaxeado máis dixital de todos os que integran a nómina do Día Grande das Letras Galegas.

Na web Carvalho Calero 2020, impulsado pola Agal en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística do Goberno galego, ofrécese cumprida información sobre a biografía e obra do autor, así como o acceso a recursos dixitais deseñados tamén no marco desta colaboración, como unidades didácticas para o ensino primario e secundario, ou referencias ás edicións bibliográficas conmemorativas, fotografías que ilustran a súa vida e traxectoria

Intersante tamén a aportación do portal institucional da RAG que ofrece unha entrega diaria da serie Unha palabra para don Ricardo, un conxunto de minipezas audiovisuais arredor da figura de Carvalho Calero: https://academia.gal/letras-actual#tab6

https://carvalho2020.gal/?lang=gl