Xogo didáctico da Deputación de Lugo sobre a Serra do Xistral

12 Mai 2020

A Deputación de Lugo, ao abeiro do proxecto europeo Life, lanzou ás redes e en formato físico un interesante xogo de cartas didáctico destinado a sensibilizar sobre a riqueza medioambiental e a biodiversidade da Serra do Xistral.

O material, dirixido a todos os públicos, mostra as principais especies da flora e fauna e conciencia sobre as ameazas destes hábitats prioritarios, nos que a institución provincial, xunto ás universidades de Santiago e A Coruña, está a implantar un modelo pioneiro de desenvolvemento rural compatíbel coa conservación da natureza.

https://www.lifeincommonland.eu/material-divulgativo