Deseña o novo selo de calidade europeo para información xuvenil!

11 Mai 2020

Se tes entre 18 e 30 anos, podes participar no concurso de deseño do novo Selo de calidade europeo para información xuvenil. Será utilizado por oficinas de información xuvenil en toda Europa aos que se lles outorgou a Etiqueta por proporcionar servizos de calidade aos mozos/as.
Están a buscar unha etiqueta atractiva que chame a atención da mocidade e que exprese a fiabilidade da información proporcionada.
Envía o teu deseño e gaña unha cámara GoPro ou un reloxo intelixente!

Tes de prazo ata o 15 de xullo de 2020

https://www.eryica.org/news/2020/4/20/european-youth-information-quality-label-design-contest-2020