Axudas ás entidades que atenden á poboación inmigrante

11 Mai 2020

A Consellería de Política Social convoca axudas ás entidades de iniciativa social que levan a cabo a atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e desenvolven programas e/ou prestan servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 12 de xuño de 2020
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal/ co código de procedemento BS631A
Máis información no DOG do 11 de maio de 2020 e en https://politicasocial.xunta.gal/