Premio internacional de deseño James Dyson

08 Mai 2020

A Fundación James Dyson convoca un premio internacional de deseño para estudantes universitarios/as actuais de enxeñería, deseño de produtos e deseño industrial, e aqueles/as que se graduaran nos últimos catro anos.

Premios
33,500 € para a persoa ou equipo gañador
5,500 € para a institución onde estuda a persoa gañadora ou estudou previamente e un Certificado de Premio James Dyson.

Subcampións internacionais:
5.500 € e un Certificado de Premio James Dyson.

Gañadores nacionais de cada país:
2.200 € e un Certificado de Premio James Dyson

Os solicitantes deben rexistrarse e subir probas de que son estudantes ou recentemente graduados/as nunha das materias que cualifican.
Unha vez rexistrados/as, deben completar o formulario en liña explicando:

Que fai o seu invento
Onde obtiveron a súa inspiración
Como funciona
Como desenvolveron o seu deseño
Que o distingue
Que lle depara o futuro

Necesitan enviar a entrada en inglés. Se o desexan, tamén poden enviar unha copia nalgún outro idioma.
Poden cargar ata cinco imaxes, de ata 3 MB cada unha. Tamén poderían incluír un vídeo, a miúdo axuda a explicar unha idea ou proxecto.
Os vídeos deben durar menos de 3 minutos e mostrar tanto o proceso de desenvolvemento do deseño como o prototipo en acción. Os vídeos deben cargarse primeiro en Youtube ou Vimeo.

Prazo: 16 de xullo de 2020, 11.59 EST.

Bases e deseños gañadores en convocatorias anteriores: https://www.jamesdysonaward.org/es-ES/