Visións 2020

07 Mai 2020

A Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción e Terror, AEFCFT, convoca Visións 2020, un concurso de relatos dentro dos xéneros fantasía, ciencia ficción e terror.

Poderanse presentar relatos de entre 1000 e 6000 palabras que teñan como eixo temático a liberdade de expresión, sempre dentro dos xéneros fantasía, ciencia ficción e terror.

Cada persoa poderá enviar un único relato.

Os relatos deben ser inéditos, é dicir: que non fosen publicados nin en papel nin en ningún soporte dixital (páxinas web, blogues, foros, edición electrónica, etc.).

Os relatos deberán estar escritos en español. Solicítase ás persoas participantes que presten atención á ortografía e gramática á hora de escribir e corrixir a súa narración, pois serán elementos fundamentais na valoración dos textos.

Admitiranse relatos de calquera persoa.

Os relatos presentaranse nun arquivo independente, en formato Word, tipografía Arial, tamaño de letra 11 e interlineado dobre. O arquivo nomearase unicamente co título do relato, sen que figure o nome quen o escribira. Dentro do arquivo só poderá figurar o título e o texto do relato, sen ningún outro detalle identificativo. Os relatos deberán remitirse como arquivo adxunto á dirección de correo electrónico visiones@aefcft.com O asunto da mensaxe deberá ser VISIÓNS 2020 e o TÍTULO DO RELATO. No corpo da mensaxe incluirase necesariamente o nome e apelidos da persoa que o escribira e a dirección de correo electrónico para contactar en caso de ser necesario. Tamén se incluirán a nacionalidade, idade e sexo: estes últimos datos solicítanse a efectos puramente estatísticos.

As datas de recepción serán ata o 15 de xuño de 2020.

Entre todos os relatos elixidos para a súa publicación na antoloxía, as seleccionadoras destacarán un único relato para ser traducido ao italiano e formar parte dunha das antoloxías que periodicamente publica a asociación italiana RiLL (Associazione Riflessi dei Loce Lunare, www.rill.it), segundo o acordo de cooperación entre esta asociación e a AEFCFT.
A tirada da antoloxía será dun máximo de 500 exemplares en papel. Non hai premio económico

https://www.aefcft.com/convocatoria-visiones-2020/ 

Aquí podedes ver as antoloxías anteriores: https://www.aefcft.com/publicaciones/visiones/