Autoemprego no rural de Ourense

07 Mai 2020

A Deputación de Ourense convoca subvencións a persoas que leven a cabo proxectos empresariais e/ou de autoemprego en municipios
rurais en declive demográfico da provincia de Ourense durante os exercicios 2019, 2020 e 2021, no marco do Proxecto EmprendOu.

A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes consistirá nunha axuda económica equivalente ao 75 % do salario mínimo interprofesional por cada mes de exercicio efectivo da actividade subvencionada, cun mínimo de 6 meses e un máximo de 12 meses.
Estes períodos terán que cumprirse antes do 17 de decembro de 2021, data límite ata a que se subvencionarán os proxectos presentados.

As solicitudes poderán presentarse en calquera momento ata o 16 de xuño de 2021.

Máis información no BOP de Ourense do 7 de maio de 2020