Europe@s na casa

06 Mai 2020

Europe Direct A Coruña e Europe Direct Lugo, centros oficiais de información da Comisión Europea, convidan as persoas residentes en Galicia maiores de idade a participar en o VII Concurso de Fotografía Cidadáns Europeos en Galicia.

Partindo da situación actual marcada polo COVID-19 que está a padecer toda a cidadanía europea, o tema do concurso será a representación da unidade e da diversidade, as dúas palabras que conforman o lema da Unión Europea, “Unidos na diversidade”, que habemos de poñer en valor neste momento que afecta a todos os países da Unión Europea.

As obras simbolizarán o sentimento de unidade europeo desde o fogar e poden versar sobre algunha das seguintes temáticas:

#Deportenacasa #Artenacasa #Lembranzasnacasa #Músicanacasa #Danzanacasa #Cociñanacasa #AplausoSanitario

Tes de prazo para presentar fotografías ata o 9 de xuño de 2020

Consulta as bases