Somos a curta!

06 Mai 2020

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación convoca a novena edición do certame "Somos a curta!", que premia as mellores pezas audiovisuais curtas en galego de cinema do real presentadas por calquera alumno/a ou grupo de alumnos/as das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia.

O prazo para presentar as propostas estará aberto ata o día 16 de outubro de 2020. Poderase facer mediante as plataformas Office365 ou WeTransfer, así como mediante dvd.

Os premios do certame está dotados con 500 e 250 euros e diploma honorífico.

Os obxectivos con que convoca este premio son:

Promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual galego.
Premiar os dotes lingüísticos, técnicos e artísticos dos estudantes galegos.
Promover a análise da realidade galega a través do audiovisual.

https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/dinamizacion/somosacurta2020.html