Termalismo Solidario para persoal sanitario, Forzas e Corpos de Seguridade e Forzas Armadas

04 Mai 2020

A Deputación de Ourense convoca o programa Termalismo Solidario da provincia de Ourense, que consiste en subvencións dirixidas ao persoal sanitario que desenvolva o seu traballo en centros sanitarios, ao persoal das Forzas e Corpos de Seguridade e ao das Forzas Armadas

Pódese participar no programa en dúas modalidades:
- Estancias balnearias, con ou sen servizo de transporte en tren.
- Tratamentos terapéuticos sen estancia

Os establecementos balnearios onde se realizarán as estancias e tratamentos subvencionados son os seguintes:
- Balneario Hotel Baños de Molgas.
- Gran Balneario do Carballiño.
- Balneario Arnoia Caldaria.
- Balneario Laias Caldaria
- Balneario Lobios Caldaria.
- Balneario de Cortegada.
- Balneario de Caldas de Partovia.

As solicitudes poderán presentarse dende a data e hora que se dispoña pola Deputación, cando estea autorizada a apertura dos balnearios, e estes estean en condición de fixar a data de inicio deste programa

Máis información no BOP de Ourense do 2 de maio de 2020